Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Canto conto – Mos 2025

Xuño 8

Xa está dispoñible o cartel oficial de Canto Conto 2025, o festival máis narrador e musical do ano, que regresa cunha nova edición repleta de actividades para toda a familia.

A cita será o domingo 8 de xuño, nos xardíns exteriores do Pazo de Mos, a partir das 12:00 horas. A entrada será libre e gratuíta.

Ao longo de toda a xornada, o público poderá gozar dun ambiente festivo con contacontos, concertos, xogos, obradoiros, animación e unha ampla oferta gastronómica. Un día pensado para compartir en familia e vivir momentos inesquecibles.

O escenario de Canto Conto 2025 contará coa presenza de artistas e grupos como Dubbi Kids, A Gramola Gominola, Orquestra de Camarote, Dani Barreiro & Friends, Rogelio III (La Fête) e a Charanga Sacacorchos. Ademais, haberá un obradoiro de arxila e animación a cargo do equipo de Animar-T.

Tamén se instalarán xogos populares, xogos xigantes, inchables e varias foodtrucks con opcións para todos os gustos, incluíndo alternativas sen glute.

Canto Conto 2025 arrinca con forza e moitas sorpresas por desvelar. Esta edición promete ser unha auténtica festa da creatividade, a diversión e a convivencia. Non faltedes!

Details

Date:
Xuño 8
Event Category:

Venue

Pazo de Mos
Scroll ao inicio