Terras Atlánticas é un proxecto impulsado pola Mancomunidade da
Área Intermunicipal de Vigo que busca darlles visibilidade aos activos
turísticos, culturais e de lecer dos concellos nela integrados. O territorio da
Mancomunidade de Vigo é extenso e variado, incluíndo os municipios de
Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Pazos de Borbén, Redondela,
Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.
Neste espazo recóllense numerosos recursos turísticos (arquitectónicos,
naturais, culturais, patrimoniais,…) e tamén propostas e actividades como
excursións, visitas, festas nocturnas, etc., de índole natural, cultural ou
festiva que aspiran a cumprir un dobre obxectivo: por unha banda,
facilitarlle ao turista ocasional un amplo abano de posibilidades para gozar
da súa visita e estadía no noso territorio, por outra, darlles ás persoas
residentes no territorio (visitante local), a oportunidade de aprender,
redescubrir e coñecer máis sobre o seu propio concello e os concellos
limítrofes.
Xacementos paleolíticos, castros, paraxes naturais, parques, rutas de
sendeirismo tanto na beira do mar como en frondosos bosques, pontes,
pazos tipicamente galegos ou castelos con séculos de historia, estilos
estéticos que abranguen desde a arte románico ata o modernismo de finais
do século XIX son só algunhas das cousas que o proxecto Terras
Atlánticas se propón transmitir.
Tamén se propoñen plans para o aventureiro urbano ou o bulideiro viaxeiro
en busca de experiencias de fin de semana, percorridos urbanos ou rurais,
eventos gastronómicos de afluencia multitudinaria ou festas cuxas raíces se
perden na noite dos tempos, pero cuxas tradicións subsistiron na memoria
popular ata deixar nos nosos días unha riqueza cultural única e propia.
Mar e montaña danse a man para facernos gozar dos deportes acuáticos e
de aventura; rúas históricas e espazos pintorescos nas cidades tenden os
seus brazos aos viaxeiros para que poidan gozar da vida que mana destas e
as desborda: comercios, restaurantes, museos, concertos nocturnos etc.
Existe todo isto? Si…, na Mancomunidade de Vigo. Ven descubrilo!
Roteiros
Descubre unha ampla variedade de plans de fin de semana para disfrutar en compañía da túa familia, amigos, parella ou segundo as túas preferencias temáticas. Os concellos da Mancomunidade ofrecen multitude de posibilidades. Descúbreos!
Próximos eventos
ArteLixo2024, 13 a 30 de Abril
Xa está aquí a nova edición de ArteLixo2024! que este ano está dedicada á problemática ambiental que xera a industria téxtil. Arte e reivindicación medioambiental son as dúas patas dunha …
ArteLixo2024, 13 a 30 de Abril Ler máis »
Información »