Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

ArteLixo2024, 13 a 30 de Abril

Abril 13 - Abril 30

Xa está aquí a nova edición de ArteLixo2024!  que este ano está dedicada á problemática ambiental que xera a industria téxtil.

Arte e reivindicación medioambiental son as dúas patas dunha iniciativa popular que converterá novamente o centro da vila nun museo ao aire libre. Prazas, rúas e tamén escaparate albergarán dende o 13 ao 20 de abril todas esas escultural elaboradas con material de refugallo que nesta edición queren chamar a atención sobre as consecuencias medioambientais que causa a “moda rápida” con roupa e usar e tirar que converten a industria textil como a segunda máis contaminante do mundo, só por detrás da petroleira.
Por ese motivo, o ArteLixo2024 propón visibilizar e reflexionar sobre a Industria do Téxtil dende unha mirada ecoloxista e convidan a cidadanía a participar desta edición que tamén se está a promocionar a través das redes cunha campaña obra de Ángeles Hernández.
Un artelixo que precisa da colaboración de moitas persoas, voluntarias, activistas, comerciantes, cidadáns do pobo de Redondela, profesorado, alumnado… Mais, sobre todo, das artistas que expoñen as súas obras. Lembran que xa está aberto o prazo de inscrición que debe formalizarse ante do 6 de Abril cubrindo o formulario que se atopa nas redes sociais do Artelixo.

Detalles

Comezo:
Abril 13
Remate:
Abril 30
Categoría dos Evento:
,

Recinto

Multiusos de Redondela
Scroll ao inicio