Salceda de Caselas conta cun parque etnográfico onde se rehabilitaron os cinco muíños de auga: o Muíño das Covas, o Muiño da Laxe ou dos Cregos, os Muiños de Figueiras (un de xofre e un de gran) e o Muiño de Marcial ou Fondóns.
Trátase dun entorno de lecer que recupera o entorno do Río Caselas; a Senda do Río Caselas comeza na Parroquia de Santa María no lugar de As Pontes, pasa pola parroquia de San Xurxo e remata na parroquia de A Picoña, no lugar do Rubal.
Ao longo dos seus 2.014 km de longo a senda fai un percorrido polo Parque Etnográfico dos Muíños do río Caselas, disfrutando dun agradable paseo rodeado de vexetación desta ribeira fluvial. Ameneiros, salgueiros e loureiros forman parte do sendeiro.
Todos os muiños rehabilitados poseen paneis informativos onde se conta a súa historia e a quen pertencían.
Con este espazo dótase á poboación dun entorno para gozar de todo o potencial do patrimonio etnográfico do concello, facendo unha clara posta en valor dunhas construccións tan especiais ofertando alternativas de ocio para a poboación. Conta con tres zonas recreativas coa súa respectiva sinalización, así como tamén con mesas, bancos e un caminiño acondicionado con pasarelas e pontes, polo que é sinxelo transitalo tamén en bicicleta; e para os máis pequenos dispón dun parque infantil, adornado cunha pequena fonte – charca.
Esta senda foi orixinada pola Confederación Hidrográfica Miño – Sil sobre terreos de dominio público hidráulico cedidos gratuitamente por máis de 200 propietarios e propietarias.
Trátase dunha visita gratuita.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.