Ruta circular que discorre por Arcade, unha pequena parroquia do Concello de Soutomaior. Gran parte do percorrido que eliximos vai pola beira do mar e do río Verdugo, e permítenos disfrutar de praias marítimas que se atopan dentro da Zona especial de Conservación Enseada de San Simón, pertencente á Rede Natura 2000. Este roteiro pasa ó pé da ponte Sampaio que ten importantes connotacións históricas. É un paseo para tódolos públicos que consta con varias zonas nas que podes descansar e repoñer forzas, así como con parques infantís e zonas de xogos tradicionais.
Moi importante se vamos a Arcade é recordar que si por algo é famosa esta vila é polas súas ostras, polo que vos recomendamos que non marchedes sen probalas.
Tipo de ruta: Circular
Lonxitude: 7 km
Altitude: 71 m
Desnivel: 122 m
Dificultade: Moderada
Duración: 2h
Perigosidade: Baixa
Recomendacións: Perfecta para calquera época do ano. Recomendable levar calzado cómodo. Dispón de áreas de descanso e avituallamento. Conta con zonas de servizo.
Para máis información podes descarga-la ruta.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.

