Situado na Praza do Concello, corazón do casco urbano de Salceda de Caselas, entre dous grandes palmeiras, este monumento aséntase sobre tres escalóns. Sobre eles móstrase unha base cadrada, decorada con escudos e inscricións diversas; un fuste no que se distingue unha parte inferior decorada con motivos xeométricos e unha superior estriada. Coroa o conxunto un capitel corintio que lle dá paso ao final en cruz de talla basta, onde as imaxes de Cristo e a Piedade ocupan senllas caras da mesma.
Loading...
No Records Found
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Maps failed to load
Sorry, unable to load the Maps API.