O acueducto O Bravo atópase situado no curso do río Zamáns ou Vilaza, moi preto do núcleo urbano de Gondomar. Data do século XVII e o seu uso non está moi claro, aínda que se di que se utilizaba para regadío das fincas dun pazo situado na parroquia de Mañufe. Posúe tres arcos de medio punto e dous aliviadeiros adintelados a ambos lados para épocas de crecidas puntuais. Nas beiras do Vilaza percorre un sendeiro. A uns cincuenta metros río abaixo atopamos outras ruínas moi interesantes: unha construción realizada con pedra e que conta cun tosco arco rebaixado no que existe un oco onde aínda se conservan os blocos refractarios. Estes blocos poderían formar parte dun posible forno. O máis probable é que se trate dun «caleiro» ou «forno de cal», un forno para extraer a cal das pedras calizas.
Nas proximidades existe unha pedra coa seguinte inscrición: A JUAN PSE ANO DE 1696.
Hoxe o seu aspecto está bastante descoidado e comido polo musgo e a maleza da contorna.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.