A Deputación de Pontevedra organiza entre os meses de xullo e decembro un total de 68 sesións de visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior, que permitirán que máis de 2.000 persoas (30 por quenda) descubran a fortaleza dun xeito diferente e dende a perspectiva da mitoloxía e as lendas da provincia de Pontevedra e de […]
A festa do polbo, organizada pola comisión de festas de San Pedro e San Liborio da parroquia de Cela, en colaboración co Concello de Mos. Celébrase dende hai uns oito anos coincidindo co último domingo de xullo. A festa consiste na degustación desta delicia gastronómica de arraigo en toda Galicia. Así mesmo, este evento está […]
Esta feira de oportunidades que terá lugar en Gondomar onde os presentes poderán comprar no centro da localidade a prezos inmellorables artígos como roupa, calzado, complementos, obxetos de menaxe, etc. A feira contará con actuacións e Ximkana, Xogos Populares.
Esta festa celébrase sempre a segunda fin de semana de agosto, no parque forestal da Penacova por onde transcorre o sendeiro histórico de Mos. É a única festa temática prehistórica de toda Galicia, e pioneira a nivel nacional neste tipo de celebracións. Devólvenos á Idade de Pedra: percórrense antigos castros e restos para experimentar de […]
Festa gastronómica que se levará a cabo no parque vigués de Castrelos. A Festa do Mexillón, é unha festa tradicional adedicada ao considerado rei da ría deVigo, que permite probar en Castrelos o auténtico mexillón de batea, cultivado con cuidadas técnicas tradicionais e que se pode degustar en decenas de formas distintas. A Festa do Mexillón […]
Tamén coñecido como o “Festival Intercéltico de Folk galego” onde grupos musicais da cultura celta danse cita en setembro no Pazo de Mos. É un dos festivais musicais máis importantes do panorama actual. Complétanse as actuacións con pasarrúas, obradoiros de baile, mercados e exposicións.
Festa organizada polo concello que se celebra anualmente a primeira fin de semana de setembro, coincide coa Festa dos Callos. Preséntase a exposición que organiza a ACISA (Asociación de Comerciantes e Industriais de Salcedas de Caselas) no Pabellón de Deportes onde se presentan diversos produtos: mobles, electrodomésticos, coches, fogares, confección, venta de pisos, publicidade, clubs […]
Esta festa gastronómica celébrase na Praza do Concello o 1º domingo de setembro dende 1993. Cada ano máis de 20.000 persoas acoden dende toda a xeografía galega e portuguesa para degustar este saboroso prato. Dende o ano 2007, na noite do sábado vense celebrando un serán popular. Máis de 50 persoas voluntarias son as encargadas […]