A orixe da Festa da Rosa remóntase a 1973, cando se instaurou para homenaxear a Rosa dos Quirós, marquesa cuxo emblema figura no escudo oficial do Concello de Mos. Durante medio século, a celebración tivo lugar na Praza do Concello, pero dende 2024 trasladouse ao emblemático Pazo de Mos, antigo consistorio e lugar con forte […]
O sábado ás 18:00 h, o Campo de Fútbol do Coto Torrón será o escenario do Memorial Juan Estévez Nenê.Ás 19:00 h, no Pazo de Mos, terá lugar o Festival Internacional da Rosa, que contará coa participación do Grupo Nosa Terra de Pereiras (Mos), o Coro e Rondalla Virxe das Lágrimas (Cabezo de Torres, Murcia) […]
O vindeiro sábado 21 de xuño, ás 23:00 h, o Pazo de Mos será o escenario da actuación da orquestra Panorama, dentro da programación da Festa da Rosa. Unha cita ineludible para gozar da música e do ambiente festivo nun marco incomparable.
No Pazo de Mos celebrarase o evento Desfilamos, que incluirá o Desfile de Palilleiras de Mos e o V Concurso de Deseñadores/as Noveles 2025. É necesario reservar praza para asistir.