XXVI Festa do Xurelo de Cabral. Vigo
5 Setembro· 12:30 - 23:30

O sábado 5 de setembro, terá lugar na parroquia viguesa de Cabral a celebración da XXVI Festa do Xurelo.
Os actos da festa comezarán ás 12.30 horas coa degustación, a prezos populares, do xurelo nas súas distintas especialidades: xurelos asados, xurelos en escabeche, empanada de xurelos, carne, bonito e bacallau. Tamén haberá viños, cafés e licores para tomar.
A partir das 13.00 horas, a Banda de Música Unión Musical de Cabral ofrecerá un concerto e ás 14.00 horas, o dúo Armonía deleitará as persoas asistentes coa súa música.
Pola tarde, ás 18.00 horas, actuarán para o público as Pandereteiras Xoltra da AVV. Ás 19.00 horas terá lugar a actuación do Coro Tradicional Tirapuxa.