- Este evento pasou.
XXIII Festa da Chula de Moscoso. Pazos de Borbén
6 Setembro· 11:00 - 23:30

O vindeiro 6 de setembro, celebrarase na parroquia de Moscoso, no municipio de Pazos de Borbén, a festa gastronómica de degustación de Chulas.
As persoas organizadoras encargaranse de elaborar ao longo de toda a xornada unha gran variedade de chulas, preparadas de diferentes formas e sabores, como cabaza, bacallau, chocolate, entre outras, que farán as delicias de todas as persoas asistentes.
A partir das 11.00 horas terá lugar a actuación do dúo Stylo.
Ao mediodía, veciñas, veciños e visitantes terán a oportunidade de quedar a comer na carpa instalada para a ocasión, onde haberá venda de churrasco, polbo e paella e, de sobremesa, chulas.