Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

XXI Xornadas Forestais e Micolóxicas de Mos

Outubro 20 - Outubro 26

Xa está aberta a inscrición para as XXI Xornadas Forestais e Micolóxicas de Mos, que se celebrarán do 20 ao 26 de outubro de 2025 no Pazo de Mos.

Durante unha semana desenvolverase un completo programa de actividades arredor do mundo forestal e micolóxico, con relatorios, percorridos guiados polo monte, demostracións culinarias e a xa tradicional degustación de cogomelos en colaboración coa hostalaría local.

Pódese consultar toda a programación e formalizar a inscrición nas distintas propostas a través da seguinte ligazón: https://bit.ly/3Y9p7Vi.

Un encontro que convida a descubrir, saborear e compartir a riqueza natural e cultural de Mos.

Detalles

Protagonistas

  • Concello de Mos
  • Deputación de Pontevedra
  • Xunta de Galicia

Recinto

  • Pazo de Mos