Cargando eventos

« Todos os eventos

Xornada cultural Mar de Galicia. Vigo

5 Setembro· 11:30 - 23:30

Evento cultural que se celebrará no Museo do Mar de Vigo o 5 de setembro, cunha programación centrada no mundo do mar.

Programa musical

Escenario Ría

  • Cecilio G
  • Xiari
  • Thre3Goyz
  • Losdela9
  • Tekilas
  • Adan

Escenario Xanela

  • Lorahacepam
  • YoucantHide
  • ZaloMon Grass

Espazos e actividades

Espazo Conciencia Azul
Encontro dedicado á proxección e posta en valor do medio mariño. Participan Lixo Atelier, Aventura Plástica e Raquel Nogueira.

Vigo Soa – Mesa redonda
Mesa redonda arredor da cultura e da música en Vigo.

Actividades deportivas
Iniciación ao piragüismo para persoas asistentes a partir dos 7 anos.

Hall do Mar
Food trucks e barras.

Mercado Salitre
Mercado dedicado á economía circular, á moda vintage, á creación independente galega e á música en vinilo e CD.

Espazo Río Lagares
Música electrónica ambiental a cargo de Pálida.

Prezos

  • Acceso ao escenario musical: 8 € + gastos de xestión. Menores de 18 anos: entrada gratuíta.
  • Acceso ao recinto e ás actividades culturais e deportivas: gratuíto.

Detalles