Cargando eventos

« Todos os eventos

XIX Serán da Colleita. Salceda de Caselas

3 Outubro· 18:00 - 23:30

O vindeiro sábado 3 de outubro, a parroquia de San Tomé de Parderrubias, no municipio de Salceda de Caselas, acollerá a celebración do XIX Serán da Colleita.

As persoas asistentes poderán ver ás 18:00 horas a proxección da curtametraxe «Os alcumes de Parderrubias» e asistir á entrega do II Premio Parderrubenses Honorables.

Ás 21:00 horas dará comezo o serán con grupos de música tradicional e, ás 21:30 horas, terá lugar o concerto de Refugallo Rock.

Durante a xornada tamén se celebrará o I Concurso de Viño Novo e non faltarán a boa música, o canto, o baile, a gastronomía da terra e o bo viño de colleiteiro. Tamén haberá sardiñas para degustar, postos de artesanía e celebrarase a XV Exposición da Colleita, na que se exporán produtos e ferramentas de cultivo.

Detalles