Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

XIX Festa do Ovo Nespereira – Pazos de Borbén 2025

Maio 18

A parroquia de Nespereira, no concello de Pazos de Borbén, celebrará o vindeiro sábado 18 de maio a XIX Festa do Ovo, unha cita gastronómica xa consolidada na comarca.

Como antesala do evento principal, o venres 16 de maio, terá lugar a partir das 23:30 horas a Festa da Xuventude “Nespe Fest”, unha noite de música e diversión pensada para o público máis novo.

O domingo 18, día grande da celebración, o ovo caseiro será, un ano máis, o gran protagonista. Servirase acompañado de patacas e chourizos, e tamén se poderán degustar diferentes variedades de tortillas —tanto española como á francesa—, empanadas de ovo e atún, e outras elaboracións nas que o ovo será o ingrediente estrela. Todos os pratos terán prezos populares, accesibles para todos os petos.

A festa dará comezo ás 11:00 horas, momento no que se empezarán a servir os pratos. Ás 13:30 horas procederase á lectura do pregón, que este ano correrá a cargo da xornalista e presentadora da TVG Laura Vaqueiro.

Durante toda a xornada, a animación estará garantida coa actuación do Dúo Estelar e do grupo de baile Jarana Dance.

Detalles

Data:
Maio 18
Categoría dos Evento:
,

Recinto

Pazos de Borbén
Scroll ao inicio