Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

XII Carreira da Cereixa – Vigo 2025

Maio 25 @ 10:30 a.m. - 11:30 a.m.

A parroquia viguesa de Beade acollerá o vindeiro domingo 25 de maio unha nova edición desta carreira popular, unha cita deportiva pensada para todas as idades.

A proba absoluta dará comezo ás 10:30 horas e contará con dous percorridos alternativos: un de 10 km e outro de 5 km, adaptándose ao nivel de preparación dos participantes.

A partir das 11:30 horas será a quenda das categorías inferiores, cunha serie de carreiras adaptadas por idade, cuxas distancias variarán entre os 200 metros e os 4,2 quilómetros.

As inscricións terán un custo de 10 euros para quen participe na carreira de 10 km, 8 euros para a de 5 km, e 2 euros para o resto de categorías.

Detalles

Data:
Maio 25
Hora:
10:30 a.m. - 11:30 a.m.
Categoría do Evento:

Recinto

Vigo
Scroll ao inicio