X Galician Freaky Film Festival. Vigo
17 Setembro· 09:00 - 23:30

Do 17 ao 26 de setembro celebrarase en Vigo o festival do frikismo galego, o Galician Freaky Film Festival.
O festival levarase a cabo na praza Elíptica e os asistentes poderán visualizar numerosas pezas audiovisuais que habitualmente quedan fóra das canles de distribución. As obras, tanto galegas como nacionais e internacionais, terán en común temáticas como o humor, a ciencia ficción e o terror. Nesta edición poderán verse 87 pezas, entre estreas mundiais, internacionais e autonómicas.
Esta nova edición do Galician Freaky Film Festival arrancará o xoves 17 de setembro coa inauguración, ás 19.00 horas, nos Cines Tamberlick (praza Elíptica), coa proxección de The Fly e The Toxic Avenger.