X Galician Freaky Film Festival. Vigo
26 Setembro· 21:30 - 23:30

Do 17 ao 26 de setembro celebrarase en Vigo o festival do frikismo galego, o Galician Freaky Film Festival.
O festival levarase a cabo na praza Elíptica e os asistentes poderán visualizar numerosas pezas audiovisuais que habitualmente quedan fóra das canles de distribución. As obras, tanto galegas como nacionais e internacionais, terán en común temáticas como o humor, a ciencia ficción e o terror. Nesta edición poderán verse 87 pezas, entre estreas mundiais, internacionais e autonómicas.
A cerimonia de clausura do X Galician Freaky Film Festival terá lugar o sábado 26, ás 21.30 horas, nos Cines Tamberlick, coa proxección de Big Trouble in Little China, a entrega de premios e o peche do festival.