Cargando eventos

« Todos os eventos

X Día do Remo de Chapela. Redondela

26 Setembro· 09:00 - 23:30

O barrio de Chapela, en Redondela, acolle unha nova edición do Día do Remo. O evento combina deporte, gastronomía e convivencia, e celebrarase o sábado 26 de setembro no Paseo Marítimo.

As persoas asistentes poderán gozar dos actos e actividades programados ao longo do día:

– Travesía a remo e ofrenda floral
– Regata de veteranos
– Paella de marisco
– Regatas Día do Remo
– Degustación de «terneira asada»
– Actuación de grupo musical e DJ

O evento está organizado polos veteranos do Club de Remo Chapela e o Concello de Redondela.

Detalles