“Vaia conto ten Pinocho!” Contacontos na Biblioteca Valle-Inclán. Redondela
23 Outubro· 18:30 - 19:30

As Bibliotecas Municipais de Redondela celebran o Día das Bibliotecas, 24 de outubro, facéndolle unha chiscadela a un dos personaxes máis icónicos da literatura infantil de todos os tempos: Pinocho. A razón de adicar a celebración a este personaxe tan singular é que este ano se conmemora o 200 aniversario do nacemento de Carlo Collodi.