Cargando eventos

« Todos os eventos

Triple corona Illas Atlánticas. Vigo

12 Setembro· 08:45 - 17:00

O sábado 12 de setembro terá lugar entre as Illas Cíes e Baiona a proba de natación da Triple Corona Illas Atlánticas.

A proba dará comezo na praia de Rodas (Illas Cíes – Vigo) e rematará na praia de Ribeira, en Baiona. As persoas participantes percorrerán un total de 15 quilómetros e a saída efectuarase en función do grupo ao que pertenzan:

  • Grupo E: 08.40 horas
  • Grupo D: 09.15 horas
  • Grupo C: 09.40 horas
  • Grupo B: 10.00 horas
  • Grupo A: 10.20 horas

A saída do barco dende a Estación Marítima de Baiona cara á illa será ás 07.30 horas.

Ás 18.30 horas terá lugar unha visita guiada polo casco histórico de Baiona e a carabela Pinta.

A entrega de distincións ás persoas nadadoras que consigan finalizar a proba terá lugar durante a cea en Baiona, que incluirá un sorteo de agasallos, a partir das 20.30 horas.

Detalles