Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

San Miguel de Pereiras. Mos

29 Setembro· 11:00 - 23:30

Os veciños de Pereiras, no municipio de Mos, celebrarán a festa na honra de San Miguel o martes 29 de setembro.

A xornada comezará ás 11:00 horas cun animado pasarrúas a cargo da Banda de Música de Barro, que marcará o inicio do ambiente festivo. Ás 12:00 horas terá lugar a misa solemne, amenizada polo canto da Coral Asomamos, seguida da tradicional procesión, acompañada pola propia Banda de Música de Barro, que ofrecerá un concerto ao finalizar o percorrido.

Ás 13:00 horas, as persoas asistentes poderán participar nas tradicionais poxas e degustar unha ración de callos.

Pensando no entretemento dos máis pequenos, haberá inchables instalados ao longo de todo o día.

O broche final da festividade poñerao a gran verbena, a partir das 20:30 horas, que contará coas actuacións musicais do grupo The Turre’s Band e o Trío La Noche do Grove.

Detalles