- Este evento pasou.
San Benito de Vilar de Infesta 2025 en Redondela

Venres 11 de xullo, comezan as festas de San Bieito na parroquia de Vilar de Infesta, pertencente ao concello de Redondela, a partir das 9:00 horas co oficio de misas en honra ao Santo, que se celebrarán cada hora ata as 12:30 horas, sendo esta última a misa maior, coa saída da procesión acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela. Ás 10:00 horas terá lugar o pasarrúas a cargo da devandita banda.
Ás 13:00 horas comezará a sesión vermú con pulpeiro e concerto da Banda de Música Municipal de Redondela ao rematar a procesión da misa maior.
Ás 19:00 horas poderase gozar do espectáculo familiar de Brais das Hortas, Zona en Obras, e celebrarase un novo acto relixioso. A continuación actuará o grupo de baile moderno Falcatruada de Vilar de Infesta en colaboración coa Escola de Baile Bambalina de Cabral.
Ás 22:00 horas celebrarase a verbena a cargo da orquestra Magos e a disco móbil Eme Music.
Sábado 12, a xornada comezará ás 12:30 h coa misa en honra a San Bieito, seguida dunha procesión acompañada pola Charanga SXE de Guláns. Ás 13:00 horas celebrarase unha nova sesión vermú e un concerto a cargo da citada charanga, onde novamente se poderá gozar de polbo.
Ás 20:00 horas terá lugar o Serán Tradicional coa actuación do grupo Pandereteiras Follas Verdes de Vilar de Infesta, o grupo de gaitas Airiños de San Simón, o grupo de baile galego Airiños de San Simón e o grupo de gaitas Aluarado de Vilar de Infesta.
A gran verbena de clausura das festas comezará ás 22:30 horas, cun espectáculo a cargo do grupo Takicardia e a Discoteca Móbil Dj Anhell.