Programa Xuntas. Salceda de Caselas

💜 Os concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves comezan unha nova edición do programa de atención ás mulleres Xuntas.
🤝 O programa contará con servizos de asesoramento psicolóxico, xurídico e accións formativas dirixidas ás mulleres dos tres concellos.
O programa deste día, 21 de setembro ten como tema “Técnicas para a comunicación como camiño para o emprego con seguridade” e impartirase de 10:00 a 12:00.
📩 Se es veciña de Salceda e estás interesada no servizo gratuíto de asesoramento psicolóxico ou xurídico, podes solicitar máis información no correo [igualdade@salcedadecaselas.gal](mailto:igualdade@salcedadecaselas.gal), no teléfono 685 211 882 ou a través dos Servizos Sociais Comunitarios.
✅ Lembra que todas estas accións son totalmente de balde para as participantes.
💜 Xuntas, cara a unha Salceda máis igualitaria, respectuosa e empoderada.