Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

O Marisquiño. Vigo

8 Agosto· 10:00 - 23:30
Programación do Marisquiño 2026

A competición retómase ás 10:00 h coas probas de Skate e MTB Downhill. En BMX, as roldas clasificatorias para as categorías Junior, Women Pro e Adaptive terán lugar entre as 11:00 h e as 14:30 h, mentres que a tarde dedicarase aos quecementos e ás semifinais de Street e Park, que se prolongarán ata as 21:00 h. O *breaking* comezará cunha sesión de práctica aberta de 11:00 h a 12:30 h, seguida das roldas preliminares (16:30 h–19:00 h), as *cyphers* (19:00 h–20:00 h) e os oitavos de final (20:00 h–21:00 h). Pola súa banda, o baloncesto 3×3 vivirá unha intensa xornada de competición entre as 13:30 h e as 21:20 h, e o FMX ofrecerá dúas exhibicións —de 17:30 h a 18:30 h e de 19:30 h a 20:30 h— antes de que o espectacular evento de Big Air peche a xornada cunha sesión de 20:30 h a 21:30 h. O programa do día complétase con *Sangue á Feira* —o principal torneo de *freestyle* por equipos de Galicia—, que se celebrará en La Plaza de 17:00 h a 20:00 h, seguido de actuacións musicais a partir das 22:30 h con Nueva Apóstol, VVV (Trippin You), NUSAR3000 e LG1DO, entre outros.

Detalles