Magosto de San Esteban de Negros. Redondela
7 Novembro· 20:00 - 23:30

A AA.VV. San Esteban de Negros en Redondela organiza un magosto popular o sábado 7 de novembro ás 20.00 horas. Haberá castañas e viño de balde para tomar. Tamén se poderá mercar choripáns e perritos.
A música estará a cargo do Grupo de Gaitas Tirapuxa e as Pandereteiras Carballo das Cen Polas.