Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Magosto de Chapela. Redondela

24 Outubro· 17:00 - 23:30

A Asociación de Veciños de Chapela, na localidade de Redondela organizará a festa tradicional do Magosto, que terá lugar no Multiusos do Piñeiral o vindeiro sábado 24 de outubro.

A partir das 17.00 horas os asistentes poderán desfrutar coa animación musical a cargo do grupo folclórico Froles Mareliñas e o Grupo de Gaitas e Baile Anaquiños. Tamén haberá animación DJ e animación infantil.

Durante a xornada non faltará a degustación de castañas, choripáns e bebidas.

Detalles