Magosto de Chaín. Gondomar
17 Outubro· 21:30 - 23:00

Magosto que se celebrará no Centro Cultural A Merced de Chaín, en Gondomar, o sábado 17 de Outubro ás 21.30 horas. Os asistentes poderán tomar castañas asadas de balde e degustar, tamén de balde, doces de outono. A música desta xornada estará a cargo do Grupo de Gaitas de Chaín.
A cafetería do centro cultural estará aberta de 21.30 a 23.00 horas para cear.