Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Letras Galegas – Redondela 2025

Maio 16 - Maio 25

Este mes celebran en Redondela o Día das Letras Galegas cun amplo programa de actividades culturais que inclúe concertos, obradoiros, teatro, conferencias e moito máis.

  • O mércores 14 de maio, ás 19:00 horas, terá lugar un obradoiro de pandeireta no Conservatorio Municipal Víctor Ureña.

  • O venres 16, a partir das 17:00 horas, celebrarase unha homenaxe musical co grupo Anaquiños na Biblioteca Municipal Xela Arias de Chapela.

  • O sábado 17, ás 11:00 horas, acolleremos o acto institucional na Alameda Castelao, cun programa que incluirá intervencións de nenas e nenos, actuacións de baile tradicional e a participación das Canateiras do Carballo das Cen Pólas.

  • O domingo 25 de maio, a Alameda Rosalía de Chapela será escenario da representación teatral da obra “Pelica de burra”, ás 12:00 horas.

Ademais, ao longo deste mes, nas escolas e institutos están a desenvolverse obradoiros de música e baile tradicional, así como conferencias sobre toponimia, achegando o patrimonio cultural galego á comunidade educativa.

Details

Start:
Maio 16
End:
Maio 25
Event Categories:
,

Venue

Redondela
Scroll ao inicio