Loading Events

« All Events

IX Miúdo Fest – Mos 2025

Maio 15 @ 12:30 p.m. - 6:00 p.m.

Chega unha nova edición do Miúdo Fest, un festival pensado para o goce dos máis pequenos da casa. A programación desenvolverase en distintos espazos do concello de Mos e estará composta por espectáculos cheos de ritmo, humor e moita diversión para toda a familia.

O cartel da IX edición do Miúdo Fest inclúe as seguintes actividades:

Xoves 15 de maio
12:30 h – CEIP Pena de Francia
Pakolas

Venres 16 de maio
11:30 h – Sala Rebullón (dirixido ao alumnado do IES de Mos)
Cintaadhesiva

Sábado 17 de maio
17:00 h – CSCD As Pedriñas (entrada libre)
Os Interestelares
Paco Nogueiras co espectáculo “Canto contigo”
Collón de Lola, cunha homenaxe musical ao Xabarín Club

Domingo 18 de maio
18:00 h – Sala Rebullón (entrada: 6 euros)
Pitiminí, concerto para bebés

Un festival para rir, cantar e compartir en familia.

Details

Date:
Maio 15
Time:
12:30 p.m. - 6:00 p.m.
Event Category:

Venue

Mos
Scroll ao inicio