III Xornadas Sobre Memoria Histórica. Soutomaior

Durante os días 7 e 8 de novembro, o municipio de Soutomaior acollerá a terceira edición do seu Foro de Memoria Histórica, un evento centrado na figura e os ideais de Alexandre Bóveda baixo o lema «Recuperar para construír, en clave de Bóveda». As actividades están dirixidas a un público xeral maior de 12 anos, son de carácter gratuito e o acceso é libre ata completar aforo.
As actividades programadas para o domingo 8 de novembro ás 12:00 h co acto institucional A Rúa da Dignidade na Casa do Concello de Soutomaior. Este espacio acollerá unha benvida e contextualización histórica que lembrará cómo Soutomaior se convirteu en 1979 no primeiro concello en adicar unha rúa a Alexandre Bóveda en democracia. Ás 12:20 h leerase o testamento político de Bóveda a cargo de Celso Fernández Sanmartín («Celsiño»), pechando o acto ás 12:40 h cunha ofrenda, música e un petisco para unir memoria, veciñanza e cultura compartida. Finalmente, o foro concluirá coa clausura escénica da peza de danza «Domitilia: A memoria a través do corpo» de 18:30 a 19:30 h no Multiusos de Arcade. Esta obra, con creación e interpretación de Amparo Martínez Paz e dramaturxia de Afonso Becerra, recupera a historia dunha muller anónima da montaña de Lugo que colaborou coa guerrilla antifranquista, sufriu persecución e cárcere, e logrou cumplir na súa vellez o seu soño de xuventude de bailar e tocar la guitarra.