II Competición Mini DH Vixiador. Redondela
27 Setembro· 09:30 - 23:30

O domingo 27 celebrarase o II Mini DH Vixiador, unha proba competitiva de deporte base dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos. A actividade comezará ás 9:30 horas coa entrega de dorsais e os adestramentos oficiais, para dar paso á competición ás 12:00 horas. O trazado, situado no Parque Forestal do Vixiador, consiste nun descenso duns 800 metros, con 100 metros de desnivel.
O límite máximo é de 150 participantes e a inscrición ten un custo único de 5 euros entre o 1 de agosto e o 20 de setembro.