I Serán de Xunqueiras – Pazos de Borbén
Xuño 21

O vindeiro 21 de xuño, a parroquia de Xunqueiras en Pazos de Borbén converterase nun espazo de encontro, tradición e festa coa celebración do I Serán de Xunqueiras, unha xornada pensada para toda a veciñanza e persoas visitantes que queiran vivir o San Xoán dun xeito especial.
Programa de actividades:
10:00 h | Roteiro de identificación das herbas de San Xoán (saída dende o torreiro da festa)
13:00 h | Sesión vermú con música
16:30 h | Xogos populares para todas as idades
18:00 h | Teatro infantil co grupo Fedelhas
20:00 h | Inicio do serán con música tradicional
Ademais, o evento contará con un pulpeiro, unha zona de picnic e un mercadiño de artesanía.