I Carreira Popular Activaemos. Mos

A Asociación de Empresarios de Mos, coñecida como AEMOS, organiza a primeira edición da Carreira Popular Activaemos, unha iniciativa deportiva, social e empresarial co propósito de reforzar o compromiso do territorio na loita contra a violencia de xénero.
A carreira celebrarase o domingo 11 de outubro, a partir das 10:30 horas. Tanto a saída como a meta estarán situadas na rotonda do Viveiro de Empresas de AEMOS, na rúa Anel da Lagoa, 1 (Polígono Industrial PEMOS). O percorrido urbano abrangue unha distancia total de 4,4 quilómetros.
Unha hora antes, ás 09:30 horas, abrirá a Zona Village nunha parcela anexa do polígono, onde se habilitarán carpas informativas, venda de camisetas oficiais, un foodtruck, Punto Lila e diversas actividades de entretemento infantil e familiar.
O prezo da inscrición é de 18 euros.