Festas Divino Salvador e Santa Filomena de Louredo. Mos
Agosto 9 @ 12:30 p.m. - Agosto 10 @ 11:30 p.m.

O xoves 6 de agosto terá lugar unha misa, ás 19.00 horas, na honra de San Salvador.
O domingo 9 de agosto comezan as festas de Louredo, no municipio de Mos, coa celebración da misa solemne ás 12.30 horas na honra do Divino Salvador. Ao remate dos actos litúrxicos, terá lugar a actuación do grupo de pandeiretas da Cividade. Pola noite, celebrarase unha gran verbena a cargo das orquestras Panamá Band e Tango.
O luns 10, ás 12.30 horas, oficiarase a misa solemne na honra de Santa Filomena.
O grupo La Nave e a orquestra Gran Parada porán a nota musical á verbena de fin de festas.