- Este evento pasou.
Festas Divino Salvador e Santa Filomena de Louredo. Mos
9 Agosto· 12:30 - 23:30

As festas de Louredo, no concello de Mos, comezan cunha misa solemne ás 12:30 h na honra do Divino Salvador. Tralo acto relixioso, actuará o grupo de pandeiretas A Cividade. Pola noite, celebrarase unha gran verbena amenizada polas orquestras Panamá Band e Tango.