Festas de San Miguel Arcanxo de Oia. Vigo
26 Setembro· 18:00 - 23:30

A parroquia viguesa de Oia celebrará as súas festas patronais en honra a San Miguel Arcanxo.
Sábado 26 de setembro, ás 18.00 horas entrará o grupo de gaitas da CRAC de Coruxo e ás 19.00 horas ofrecerá unha actuación. Ás 20.00 horas oficiarase a misa e ás 20.45 horas dará comezo a lectura do pregón. Ás 22.00 horas, gran verbena con 3.Com e disco móbil Nexus.