Cargando eventos

« Todos os eventos

Festas da Virxe da Merced de Chaín. Gondomar

27 Setembro· 12:00 - 23:30

Domingo 27, ás 12.00 horas celebraranse a misa e a procesión, acompañadas polo Grupo de Gaitas de Chaín A Merced. Posteriormente, terán lugar as puxas tradicionais, dirixidas por Carlos Riveiro, ademais dunha sesión vermú que contará con servizo de pulpeiro.

Durante a tarde, de 16.00 a 20.00 horas, os máis pequenos poderán gozar de inchables gratuítos. A xornada festiva continuará ás 18.00 horas coa actuación musical do dúo BL Pop, poñendo o broche final aos festexos de Chaín.

Detalles