Loading Events

« All Events

Festas da Coca 2025

Xuño 20

O venres 20 de xuño, a xornada festiva en Redondela comezará cunha tradicional alborada ás 10:30 h a cargo da Banda de Música Municipal. A continuación, ás 11:30 h, terá lugar o retorno da Virxe “A Gabacha” á igrexa de Vilavella, acompañada pola mesma agrupación musical, pechando así os actos litúrxicos e procesionais.

Xa pola tarde, ás 18:00 h, as rúas encheranse de deporte coa actividade “Balonmán na Rúa”, que se desenvolverá na pista da Xunqueira e na Alameda de Castelao.

A música será a gran protagonista da noite co festival Rock Redondela, que reunirá durante máis de sete horas a distintos grupos galegos e locais no Campo da Feira. A programación arrincará ás 19:30 h con Perfectos Extraños, seguido por Retroblues ás 20:30 h, e o Grupo América de Vigo cun primeiro pase ás 21:30 h. Continuarán os concertos con Elëven ás 23:00 h e o prato forte da noite, Heredeiros da Crus, ás 00:00 h. O festival pechará coa segunda actuación do Grupo América de Vigo ás 01:30 h.

Details

Date:
Xuño 20
Event Category:

Organizer

Concello de Redondela

Venue

Redondela
Scroll ao inicio