Festas da Coca 2025
Xuño 18
Redondela énchese de tradición, música e cor coa celebración da emblemática Festa da Coca, unha das máis recoñecidas da vila.
O martes 18 de xuño comezará coa animación do desfile de Xigantes e Cabezudos (18:00 h), acompañados polo grupo de gaitas Airiños de San Simón. Ás 19:30 h, a Orquestra de Saxos de Redondela ofrecerá un concerto na Praza do Concello, seguido dos actos inaugurais ás 20:00 h, con pregón a cargo de Manuel Conde Docampo, relevo das Penlas e homenaxes ás alfombristas e ex xefes da Danza das Espadas. O día rematará co concerto da Panorama City no Campo da Feira (22:00 h).