Festa Furancheira de Parderrubias. Salceda de Caselas
10 Outubro· 19:00 - 23:30

A comisión de festas de Parderrubias, no municipio de Salceda de Caselas, organiza a Festa Furancheira o venres 9 e sábado 10 de outubro.
A festa dará comezo a partir das 19.00 horas e os presentes poderán degustar viño de colleita propia, acompañado de tapas e sobremesas caseiras. A xornada estará amenizada con música tradicional.
Os asistentes que leven un instrumento para tocar terán unha consumición de balde.