Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Festa dos Fachos 2025

Xuño 21 @ 11:00 p.m. - Xuño 22 @ 5:00 a.m.

O sábado 21 de xuño, Redondela celebrará unha nova edición da Festa dos Fachos, unha proposta cultural e simbólica que conxuga tradición, música e natureza. A actividade dará comezo ás 23:00 h, coa saída da procesión de fachos dende o alto de O Viso ata o Monte da Peneda, nun percorrido iluminado polo lume e acompañado de sons tradicionais.

Unha vez rematada a marcha, terá lugar a lectura do pregón a cargo de Carlos “Saja”, nun acto que busca poñer en valor as raíces e o patrimonio inmaterial da comarca.

O prezo do facho é de 10 €, e inclúe unha cunca de queimada e rosquillas, que se repartirán entre as persoas participantes ao remate do evento.

Esta celebración, inserida no contexto das Festas da Coca, destaca pola súa atmosfera máxica e pola participación activa da veciñanza e visitantes nun entorno natural único.

Detalles

Comezo:
Xuño 21 @ 11:00 p.m.
Remate:
Xuño 22 @ 5:00 a.m.
Categoría dos Evento:
,

Protagonistas

Concello de Redondela
Concello de Soutomaior

Recinto

Monte da Peneda
36691, Pontevedra
Redondela, Pontevedra 36691 Spain
Ver a Páxina Web do Recinto
Scroll ao inicio