Cargando eventos

« Todos os eventos

Festa do Cristo do Bo Consello de Pardaucha en Tameiga. Mos

19 Setembro· 12:00 - 23:30

Sábado 19, ás 12.00 horas, o Grupo de Gaitas San Martín de Tameiga amenizará o pasarrúas e ás 12.30 horas celebrarase a misa de campaña en honra ao Santo e a todos os veciños defuntos, cantada por Antonio Barros e Ialma. Ao remate dos actos relixiosos terá lugar a actuación do citado grupo de gaitas. Haberá pulpeiro.

Pola tarde, a partir das 17.00 horas, haberá xogos populares e, chegada a noite, terá lugar unha gran verbena de fin de festa coa orquestra Alianza e o trío Amanay.

 

Detalles