Loading Events

« All Events

Festa do Carme de Cesantes 2025 en Redondela

Xullo 16 @ 8:00 a.m. - Xullo 25 @ 5:00 p.m.

A parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, celebrará do 16 ao 25 de xullo a súa festa relixiosa na honra da Virxe do Carme.

A novena comezará o 10 de xullo ás 20:00 h, cantada por Mari.

O mércores 16, ás 20:00 horas, oficiarase a misa solemne e a misa con intención pola xente do mar.

O venres 18, ás 20:00 horas, misa da novena e ás 20:30 horas sairá a procesión ata a confraría de pescadores, acompañada polo grupo de gaitas Airiños de San Simón. Pola noite, a festa estará animada pola orquestra Marbella e o grupo América SL.

O sábado 19, ás 12:15 h, levarase a cabo a procesión polo mar desde a lonxa de Cesantes, acompañada polo grupo de gaitas O Son do Castro. O percorrido será o habitual, con ofrenda floral e solta de pombas ao chegar á praia. Farase tamén unha ofrenda aos mariñeiros falecidos.
Pola tarde, haberá unha festa infantil, con xogos populares a cargo de T.E.G. Animación.
Pola noite, a verbena estará amenizada polo grupo Assia e a orquestra Kubo.

O domingo 20, a xornada comezará cun pasarrúas, que percorrerá as rúas da man das charangas Mil9 e Charandonga. Ás 11:30 h, celebrarase unha misa solemne na praia, cantada pola Coral Ondas do Mar de Vigo, con ofrenda á Virxe acompañada do grupo de gaitas Airiños de San Simón do CCD de Cesantes.
Pola tarde, os máis pequenos poderán gozar dunha festa infantil con festa da escuma, holi e DJ a cargo de Skandal.
Pola noite, a verbena contará coas actuacións das orquestras Los Satélites e o grupo La Banda de Ayer.

O venres 25, a última xornada comezará ás 10:30 horas coa procesión por terra acompañada pola Banda de Gaitas Paramios, seguida da misa cantada pola Coral Peda Blanca de Cesantes.

Details

Start:
Xullo 16 @ 8:00 a.m.
End:
Xullo 25 @ 5:00 p.m.
Event Category:
Scroll ao inicio