- Este evento pasou.
Festa de San Lourenzo en Coruxo.Vigo
9 Agosto· 08:00 - 23:30

Os festexos comezan ás 8:00 da mañá coa tradicional salva de foguetes e o repique das campás. Ás 12:00 do mediodía, unha forte traca dará paso ao ambiente festivo, seguida dunha sesión vermú amenizada polo grupo Airiños do Castelo. Os actos matinais rematarán á 1:30 da tarde cunha gran sesión de fogos artificiais. Ao caer a noite, a celebración continuará coas actuacións musicais da orquestra Escaparate e do Euphoria Disco Show.