Cargando eventos

« Todos os eventos

Festa de San Lourenzo en Coruxo.Vigo

11 Agosto· 08:00 - 23:30
Programación Festas de San Lourenzo

Como é habitual, a xornada comeza ás 8:00 da mañá co repique de campás e unha salva de foguetes. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a misa solemne, que contará con procesión e música coral a cargo do grupo Támega. Ás 13:00 horas terán lugar as homenaxes, seguidas da sesión vermú amenizada polas charangas Os Támega e Os Ventos de Comesaña. A partir das 17:00 horas haberá xogos tradicionais —incluído o concurso do pau ensebado— e a tradicional poxa de ofrendas ao santo. As festas rematarán coas actuacións do trío Xtra e da orquestra Los Satélites.

Detalles