- Este evento pasou.
Festa da Zorza
25 Setembro, 2023 - 26 Setembro, 2023

Se buscades un plan diferente para disfrutar en familia, non podedes perdervos a festa gastronómica da exaltación da zorza na parroquia de Ventín. Durante a celebración, poderedes probar un prato típico da zona: a zorza, acompañada de patacas fritas e pan. Ademais, haberá música en directo para crear un ambente inmellorable, así como, tamén poder ter a oportunidade de ver a nova edición da Concentración de Vespas Clásicas.