- Este evento pasou.
Festa da empanada – Gondomar 2025
Maio 16 - Maio 18

Do venres 16 ao domingo 18 de maio, Gondomar acollerá unha ruta gastronómica na que participarán preto dunha decena de locais hostaleiros do municipio. Durante esa fin de semana, os asistentes poderán degustar diversas especialidades de empanada a un prezo de 4 euros por ración.
Os establecementos participantes nesta proposta culinaria son: Restaurante Pazo da Escola, Cafetería Alameda, Restaurante Ardentía, Café Bar Estanco, Bambán Food and Brunch, Xamonería Catro Camiños, Bocatería A Bocados, O Cuco e Cafetería Tropicana.
Ademais, todas as persoas que participen na ruta entrarán no sorteo de catro vales de 50€ para consumir en calquera dos locais adheridos ao evento.