Loading Events

« All Events

Feria del Libro de Redondela 2025

Xuño 12 - Xuño 15

A Feira do Libro de Redondela celebrarase do 12 ao 15 de xuño na Alameda, cun horario de apertura de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h. O evento contará coa participación de sete librarías locais e ofrecerá un desconto do 10 % en todas as compras realizadas durante a feira.

A programación inclúe contacontos, espectáculos infantís, presentacións literarias e sinaturas de libros por parte de recoñecidos autores e autoras do panorama galego. O acto inaugural terá lugar o xoves 12 de xuño ás 12:30 h e contará co pregón da poeta Silvia Penas.

Entre as actividades destacadas atópanse os espectáculos “Os Xogos do Paporrubio”, “C@nto contigo” e a obra teatral “Pedras de Cartón”, así como obradoiros infantís e contacontos que completan unha oferta cultural diversa e para todos os públicos.

A Feira do Libro de Redondela consolídase así como un espazo de encontro coa literatura e coa creación local, fomentando o hábito lector e o apoio ao comercio do libro.

Details

Start:
Xuño 12
End:
Xuño 15
Event Categories:
,

Organizers

Xunta de Galicia
Federación Librarías de Galicia
Deputación de Pontevedra
Concello de Redondela

Venue

Alameda de Redondela, Redondela
Scroll ao inicio