Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Eureka Gondomar

Xullo 6, 2024 - Agosto 6, 2024

Eureka: Reto Rural é unha iniciativa que ten por obxecto favorecer o turismo e o lecer ao aire libre en distintos municipios rurais da provincia de Pontevedra. Dos catorce municipios participantes, neste artigo se referirá a información respectiva aos seis municipios da Mancomunidade pertencentes ao grupo Eu Rural que tomarán parte na actividade, sendo estes: Mos, Gondomar, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Soutomaior e Redondela.

Consistirá en catorce escape rooms, temáticos e dixitais nos que os participantes deberán explorar os territorios dos municipios para avanzar no xogo. A participación será de balde.

Para crecer en familiaridade cos concellos do Xeodestino, Estes escape rooms ofrecerán desafíos lóxicos e adiviñas que teñen que ver coa cultura e a historia local, incluíndo sucesos e personaxes históricos, así como elementos naturais propios do municipio. Os participantes poderán avanzar no xogo a través de códigos QR e xeolocalización para a resolución das distintas probas, garantindo unha experiencia inmersiva co fin de fomentar o coñecemento do respectivo municipio.

Os xogos virtuais estarán pensados para todas as idades e contarán cun premio para o grupo (de ata seis persoas) que consigan completar a proba cun mellor tempo. Ademais, entre todas as persoas participantes, cada municipio sorteará un lote de produtos locais valorado en 150 €.

Inscrición: https://www.skeirrum.com/es/o-conde-no-camino-gondomar/

Details

Start:
Xullo 6, 2024
End:
Agosto 6, 2024
Event Category:
Event Tags:

Venue

Plaza Rosalía de Castro, Gondomar
Scroll ao inicio